top of page

XAROPE TULÚ

xarope-42.jpg

Xarope Tulú é unha compañía  comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e a mocidade, que convida a viaxar por mundos singulares.

Fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o escenógrafo e músico Nicolás Zamorano, as súas propostas intentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: a narración oral, o teatro de obxectos,  a interpretación actoral e a música. Ademais as súas montaxes intentan non aferrarse a un único estilo interpretativo; facilitando o descubrimento doutros mundos posibles e a creación dun espazo para a reflexión.

Na actualidade a compañía conta con diversos espectáculos en cartel como Nómades,  espectáculo coproducido pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas,  Rilla-Rilla, Roupa Tendida ou De ti e mailo mundo que apañes baseado na obra poética de Xela Arias entre outros.

A compañía ten participado en diversas programacións e festivais do noso país como o Titirideza, o Festival Atlántica, o Festiclown ou a Feira de Teatro de bonecos e formas animadas de Fafe (Portugal).

Na actualidade está a co-producir o espectáculo de monicreques A teteira de Kabul xunto a Asemblea de Cooperación pola Paz.

bottom of page