XAROPE TULÚ
A TETEIRA DE KABUL
A teteira de Kabul conta a historia de Mina, unha nena que debe abandonar o seu fogar por mor do estalido da guerra no seu país, Afganistán. A protagonista comeza unha longa viaxe coa súa familia e a pesar das duras condicións, coa axuda das historias que lle conta súa nai, vai descubrindo a beleza neste periplo. Mina irá gardando as historias nunha pequena teteira e así poderá tirar delas cando precise que os contos a arroupen. A historia está baseada nos recordos infantís dunha muller afgá chamada Nadia Ghulam.
Creación e interpretación : Nicolás Zamorano e Atenea García
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Asistencia de dirección e animación de monicreques: Alba de Vales
Adaptación do texto: Atenea García
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Escenografía e Iluminación: Nicolás Zamorano
Técnica de luces: Sol Álvarez
Vestiario: Núria Manzano e Francis Canales
Fotografía e vídeo: Carlota Mosquera
Deseño do cartel: Pía Piadosa
Unidade Didáctica: ACPP Galicia e Agareso.
Distribución: Urdime